Pleno ordinario do 17 de outubro de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 17 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro de 2024. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro, dispoñible AQUI.

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior. 
  2. Renuncia da concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Alba Ferreiro Fernández. 
  3. Renuncia da concelleira do grupo municipal de Boiro Novo/mixto, Dores Torrado Ares. 
  4. Crédito extraordinario 2/2024 e suplemento de crédito 1/2024. 
  5. Acordo de adhesión ao servizo para a implantación do sistema de xestión documental ARQA. 
  6. Contestación de recurso de reposición interposto contra o acordo adopatdo polo Concello en Pleno de data de 21/03/2024 polo que se desestima a solicitude presentada por Estrella del Mar Boiro SLU para a prórroga de concesión de dominio público outorgada con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo de bar- restaurante en Praia Xardín. 
  7. Modificación ordenanza fiscal nº3 Imposto sobre Bens Inmobles. 
  8. Moción Partido Popular do Concello de Boiro en relación a SOGAMA. 
|