Pleno ordinario do 19 de decembro de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves 19 de decembro de 2024 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

Orde do día: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Boiro para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Boiro.
  3. Ratificación da remisión ao TACGAL do expediente e da proposta de informe da alcaldía de oposición ante os recursos especiais en materia de contratación presentados pola Asociación ASADE e o Sindicato CCOO contra o expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Boiro.
  4. Moción do grupo Boiro Novo relativa a retomar a construción de carrís bici e fomento da mobilidade sostible.
|