Pleno ordinario do 20 de marzo de 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 20 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Solicitude do 01/02/2019 de Dna Rita Paz Paz para a inclusión no inventario municipal de bens como vía pública dun terreo existente no lugar de San Roque, parroquia de Cespón.
- Solicitude do 28/12/2000 de D. Francisco López Silva para dar de baixa no inventario municipal de bens a vía pública no lugar de Pedra da Bouza, parroquia de Abanqueiro.
- Aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal nº6 reguladora da taxa urbanística.
- Moción do grupo municipal Boiro Novo para aumentar a oferta formativa en ciclos de Formación Profesional e da Escola Oficial de Idiomas en Boiro.
- Moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular relativa á convocatoria pola AGASP.
- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co Plan Estatal de Condonación de débedas das CCAA
- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia.