Cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga

O DOG publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Os cursos convocanse na modalidade presencial, para os niveis 3 e 4) e en liña (niveis 1, 2, 3 e 4). 

O curso terá unha duración de 70 horas lectivas que, nos cursos presenciais, se van distribuir en sesións de duas horas e media, de luns a xoves. 

 

Persoas destinatarias

Maiores de 16 anos que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingusitica convoca para certificar a competencia nesta lingua.

No caso dos cursos en liña, as persoas solicitantes deben dispoñer dos seguintes requisitos técnicos: 

- Un ordenador con conexión a Internet.

- A conta de correo electrónico especificada na solicitude.

- Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz. 

- Como navegador web, recomendase ter instalada a ultima versión de Firefox 

 

Solicitude e prazo

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación no DOG (3 de febreiro de 2021)

Enviar o ANEXO I que se publica (os formularios están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia) 

 

Máis información

Departamento de Educación do Concello de Boiro

Casa da Cultura de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 84 25

 

Descargas:
Download this file (CONVOCATORIA.pdf)CONVOCATORIA.pdf
|