Programación cultural | Concello de Boiro

O Concello de Boiro retoma a programación cultural da Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro, coincidindo coa relaxación de medidas decretadas polas autoridades sanitarias e reducirse o nivel de incidencia acumulada no municipio. 

Todos os espectáculos se van a realizar con capacidade limitada para garantir a distancia de seguridade entre espectadores e con control de acceso. Para os espectáculos requirese entrada, que se poderán conseguir sempre na Casa da Cultura, no propio día de cada función, a partir das 16.30 horas. 

Os espectáculos programados son os seguintes: 

Venres 26 de febreiro, 19.00 horas - "Ris Ras" de Baobab Teatro (público infantil e familiar)

Venres 5 de marzo, 20.30 horas - "Chola a It Girl" de Artesacía (público adulto) 

Venres 12 de marzo, 19.00 horas - "Nube, nube, sol" de Teatro ao cubo (público infantil e familiar) 

Venres 26 de marzo, 20.00 horas - "As pitas baixo a choiva" de Ghazafellos (público infantil e familiar) 

Sábado 27 de marzo, 12.00 horas - "A verdadeira historia de Hamelin" Moc Moc (público infantil e familiar) 

Venres 9 de abril, 20.00 horas - "Ummmm!! unha comedia para chupar os dedos" de Teatro Avento (público infantil e familiar) 

Venres 16 de abril, 21.00 horas - "32m2" de Butacazero (público adulto) 

Venres 23 de abril, 20.00 horas - "Ás par Álex" de Baobab Teatro (público infantil) 

Venres 30 de abril, 21.00 horas - "Feminíssimas" De Ste Xeito Producións (público adulto) 

 

**O horario dos espectáculos pode variar en función das restriccións. 

 

 

 

 

|