Asistencia do Alcalde de Boiro e da Concelleira de Ensino ás charlas educativas
O Alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira e a Concelleira de Ensino, María José Lorenzo Ouviña visitaron o C.E.I.P. Praia Xardín, colexio no cal se está levando a cabo dende o obradoiro de emprego unhas charlas educativas.
Ditas charlas están incluídas dentro da actuación "Almorzos saudables", orientadas a ensinar aos nenos uns bos hábitos alimenticios.