Menús sociáis Boiro III
Dende o 4 de novembro e ata finais de marzo, o alumnado/traballador do Obradoiro de emprego elaborará menús para familias con menos recursos do municipio. A actividade lévase a cabo en colaboración co departamento de Servizos sociais municipal e está subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Social Europeo.