Proceso selectivo: tres prazas de administrativos/as (funcionarios/as de carreira)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas de administrativos/as (funcionarios/as de carreira), correspondentes á oferta de emprego extraordinaria 2023. 

O sistema de acceso será mediante oposicion. 

O BOP núm. 110 do 12 de xuño de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI

O BOE núm. 150 do 20 de xuño de 2026 publica a convocatoria.

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Posuír o título de bacharel ou técnico

- Posuír a nacionaliade española 

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública 

- Posuír as capacidades físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións. 

- Non atoparse en situación de incompatibilidade

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As persoas que desexen tomar parte nese proceso deberán presentar as súas instancias mediante o Rexistro Xeral ou sede electónica do Concello de Boiro nun prazo de VINTE DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte da ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 

 

|