Selección de 20 alumnos/as traballadores para o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V 2026/2027

O Concello de Boiro selecciona a 20 alumnos/as traballadores para o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que se vai impartir nas modalidades de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e Instalación de elementos de carpintería. 

Trátase dun contrato de traballo para a formación en alternancia para a participación como alumno/a traballador/a do Obradoiro cunha xornada de traballo a tempo completo (40 horas semanais) durante nove meses de luns a venres en horario de 7.30 a 15.30 horas coas retribucións do salario mínimo interprofesional. 

As bases do proceso poden consultarse AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (18/05/2026), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e convocatoria de exame (21/05/2026), que se pode consultar aqui

Convócase ás persoas aspirantes para o mércores 27 de maio no salón de Plenos para a realización dos exercicios da oposición. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública. 

- Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade 

Algún dos requisitos seguintes: 

- Estar en posesión do título de Graduaco en Educación Secundaria Obrigatoria 

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade o mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional para o nivel 2 

- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio 

- Ter superada a proba de acceso a universidade ara maiores de 25 ou 45 anos

- Ter as competencias clave necesarias para cursas con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade 

- Non ter participado con anterioridade noutro programa ou obradoiro de emprego nos mesmos certificados de profesionalidade 

 

Procedemento de selección 

Para participar deste proceso selectivo as persoas interesadas deben instribirse na Oficina de Emprego e seleccionar a modalidade 'taller de emprego'. 

- Sistema de selección: oferta tipo T (taller de emprego). 

- Localidade: ámbito do Concello de Boiro. 

- Idade: 18 anos ou máis. 

- Situación laboral: persoas desempregadas

Proceso selectivo: técnico/a forestal (Galicia Suma Talento: rural activo 2026)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a forestal durante 9 meses para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro en 2026 no marco das subvención para o fomento do emprego no medio rural (Galicia Suma Talento: rural activo). 

O sistema de accceso será mediante oposición e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal. 

Consulta as bases do proceso AQUI

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas (06/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (19/05/2026), que se poden consultar aqui

Prazo de presentación de alegacións ata o 21/05/2026.

 

Requisitos das persoas candidatas

- Pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea, con coñecementos suficientes da lingua castelá e/ou galega. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela para a xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade. 

- Estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal ou equivalente.

- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE). 

- Non ter sido contratado no programa Aprol Rural durante o ano 2025. 

Proceso selectivo: persoal docente e directivo Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V (2026/2027)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a selección do persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que se vai desenvolver no curso 2026/2027. 

O BOP núm. 81 do 4 de maio de 2026 publica a convocatoria. 

O BOP núm. 86 do 11 de maio de 2026 publica unha corrección de erros nas bases. 

Pódense consultar as bases ínegras AQUI

 

Director/a

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (13/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (20/05/2026), que se poden consultar aqui

Convócase ás persoas aspirantes para o luns 25 de maio ás 9.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro para a realización da fase de oposición. 

 

Titor/a 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (13/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (20/05/2026), que se poden consultar aqui.

Convócase ás persoas aspirantes para o luns 25 de maio ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro para a realización da fase de oposición. 

 

Mestre/a de Repoboacións Forestais e tratamentos silvícolas 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (13/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (20/05/2026), que se poden consultar aqui

Convócase ás persoas aspirantes para o martes 26 de maio ás 11.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro para a realización da fase de oposición.

 

Mestre/a de Instalación de elementos de carpintería

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (13/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (20/05/2026), que se pode consultar aqui

Convócase ás persoas aspirantes para o martes 26 de maio ás 9.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro para a realización da fase de oposición. 

 

 

Requisitos xerais

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico nin psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública 

- Non incorrer en causa e incompatibilidade ou de incapacidade 

 

Requisitos específicos 

  • Director/a

Idade: ter 16 anos ou mais e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa 

Titulación: estar en posesión do título universitario oficial de grao

Requisitos lingüísticos: posuír o título acreditativo do nivel de lingua galega CELGA 4 

Permiso de conducir: B 

  • Mestres/as de obradoiro 

Idade: ter 16 anos ou mais e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa 

Requisitos lingüísticos: posuír o título acreditativo do nivel de lingua galega CELGA 4 

Permiso de conducir: B 

Titulación

• Estar en posesión de titulo de grado universitario, licenciado ou licenciada, Enxeñeiro ou Enxeñeira e Arquitecto ou Arquitecta, ou titulación equivalente ou, no seu caso, a titulación de Formación Profesional que, a efectos de docencia, se determine, de acordo coa normativa que regulan os certificados de profesionalidade relativos ao proceso selectivo que se presente:

• Pertencer ás especialidades docentes habilitadas para impartir formación profesional no sistema educativo.

• Ter a experiencia profesional de, ao menos, o que se indique en cada certificado 

 

Prazo e presentación de solicitudes

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar as súas instancias (dispoñibles nesta páxina) no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, acompañadas da documentación acreditativa de cumprir cos requisitos para o posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases. 

 

Proceso selectivo: peóns forestais (Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de cinco peóns forestais durante 9 meses para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro en 2026 no marco das subvención para o fomento do emprego no medio rural (Galicia Suma Talento: rural activo). 

O sistema de accceso será mediante oposición e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal. 

Consulta as bases do proceso AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (06/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (14/05/2026), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (21/05/2026), que se poden consultar aqui

O prazo de presentación de alegacións é de DOUS DÍAS. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea, con coñecementos suficientes da lingua castelá e/ou galega. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela para a xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade. 

- Estar en posesión o título do certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente. 

- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE). 

- Non ter sido contratado no programa Aprol Rural durante o ano 2025. 

 

Proceso selectivo: bolsa de emprego de peóns de servizos varios para programas de integración laboral

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios para programas de integración laboral. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre. 

O BOP núm. 53 do 20 de marzo de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (01/04/2026), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitica de persoas admitidas e excluídas (10/04/2026), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (17/04/2026), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de lista de contratación (22/04/2026), que se pode consultar aqui

 

Requisitos das persoas candidatas

 - Ter a naciolaidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder de aquela para a xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade 

- Non se despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión de, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente

- Estar en situación de desemprego 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

|