Camiñadas do verán 2017
Venres 7 de xullo ás 21:00 h.
A camiñada nocturna que organiza Turismo de Boiro para este venres é a Senda Litoral de Boiro. Trátase dunha ruta circular de case 8 km e duración estimada de 2 horas e media que forma parte da Rede de Sendeiros Azuis da Adeac, e que pasará polo Castro do Achadizo, Hórreo dos Carreró, Cruceiro Xacobeo, Lagoas de Carragueiros e a ermida e o miradoiro do Chazo.Ten o punto de partida no Peirao vello de Cabo de Cruz ás 21.00. A ruta ten unha cota de inscrición de 3.00 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 981842654. Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n.