Campaña da neve 2023 - Deputación da Coruña

O Concello de Boiro participa un ano máis na Campaña da Neve 2023 que organiza a Deputación da Coruña para rapaces e rapazas dos concellos da provincia de entre 11 e 15 anos. 

A Boiro correspóndenlle 11 prazas na terceira quenda, que transcorre entre os días 27 e 30 de xaneiro. 

O prezo de participación é de 85 euros e inclúe o transporte de ida e volta, estadía e manutención na estación, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto de actividades e cursos programados. 

As persoas participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares con cursos de esquí e outras actividades complementarias e alternativas. 

 

Inscrición

Presentar o formulario de inscrición, dispoñible aqui no Rexistro Xeral do Concello de Boiro entre o 1 o 16 de decembro. 

 

Máis información 

Departamento de Deportes do Concello de Boiro 

Descargas:
Download this file (tríptico.pdf)tríptico.pdf
|