Obra musical: Os tres porquiños

Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos.

Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

 Información de interese

Idades recomendadas: A partir de 2 anos.

Duración: 50 minutos + Fotos ao final cos protagonistas.

|