Torneo solidario interparroquial

08 05 futbol

O Concello de Boiro colabora co torneo solidario interparroquial que terá lugar o vindeiro sábado 5 de agosto ás 17.00h no campo de fútbol municipal de Vista Alegre en beneficio da Asociacióon Galega de Nenos Oncolóxicos de Galicia.

O torneo vai constar de 8 equipos mixtos, un por cada parroquia, e que estará patrocinados por un local de hostalaría. Abanqueiro por Os Fornos, Bealo por O Demo, Boiro polo Barbantia, Castro por Uttap 3.catorce, Cespón por O Bosque, Cures por Bar Bros, Lampón polo Ría de Arosa e Macenda por A Terraza do Furancho.

 

|