Medidas de prevención da Covid-19

O Diario Oficial de Galicia, Núm. 16-Bis do 26 de xaneiro de 2021, publica medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. 

As medidas previstas neste decreto entran en vigor ás 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenden a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021. 

Limitacións de entrada e saída

Quedan restrinxidas a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Quedan exceptuados destas limitacións os desprazamentos por algún dos seguintes motivos: 

- Asistencia a centros, servizo e establecementos sanitarios. 

- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais. 

- Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as esolas de educación infantil. 

- Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar. 

- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade. 

- Actuacións requeridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. 

- Renovación de permisos e documentación oficial. 

- Realización de exames ou probas oficiais. 

- Coidado de hortas e animais. 

 

Limitación da permanencia en grupos de persoas

Condicionada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. 

 

Limitación da mobilidade nocturna

Durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas so se permitirán os desplazamentos pola vía pública por causas xustificadas. 

 

Establecementos e locais comerciais retallista e de actividades de servizos profesionais abertos ao público

Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. 

Pecharán ás 18.00 horas. 

Quedan exceptuados desta limitación horaria e poderán pechar ás 21.30 horas: 

- Comercio polo miúdo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco. 

- Comercio polo miúdo de froitas e hortalizas.

- Comercio polo miúdo de carne e productos cárnicos. 

- Comercio polo miúdo de peixes e mariscos. 

- Comercio polo miúdo de pan e productos de panadería, confeitaría e pastelaría. 

- Comercio polo miúdo de bebidas. 

- Comercio polo miúdo de produtos alimenticios en establecementos especializados. 

- Comercio polo miúdo de combistible para a automoción. 

- Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos. 

- Comercio polo miúdo de produtos farmaceuticos. 

- Comercio polo miúdo de alimentos para animais de compañía. 

 

Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino

Poderá impartirse de xeito presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido. 

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal e será obrigatorio o uso de máscara.

 

Hoteis e aloxamentos turísticos

Poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados. 

A ocupación das zonas comúns non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. 

Os servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados. 

 

Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais

Poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. 

Non de poderá superar o trinta por cento da capacidade autorizada do local. 

 

Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos

So poderá realizarse actividade física e deportiva non federada ao aire libre de forma individual ou con persoas convivintes. 

Suspendidas as competicións deportivas a nivel autonómico. 

As competicións deportivas federadas a nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Adminstración competente e desenvolveranse sen público. 

 

Establecementos de hostalaría e restauración

Permanecerán pechados ao público. 

Poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local. 

 

No concello de Boiro continúan pechados os parques infantís e pistas deportivas ao aire libre. Tamén continúa cancelado o mercado semanal dos martes. 

 

|