Aulas de Educación para Persoas Adultas 2024-2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, mediante a Concellería de Ensino, abre o prazo de inscrición para as aulas de Educación Secundaria de Persoas Adultas para o curso 2024-2025 e que se van desenvolver na Casa da Cultura de Boiro en horario de 20.00 a 22.00 horas.

Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os que adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. 

A aula de persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro co obxectivo de que sexan compatibles coa xornada laboral.

Ofrécense un total de 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Requisitos das persoas participantes

Ter máis de 18 anos. 

Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:

  • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
  • Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
  • O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
  • Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
  • Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro entre o 9 e o 25 de setembro

Para novas matrículas: ANEXO I e copia do DNI

Para continuidade de estudos: ANEXO II 

 

|