Selección de 20 alumnos/as traballadores para o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V 2026/2027
O Concello de Boiro selecciona a 20 alumnos/as traballadores para o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que se vai impartir nas modalidades de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e Instalación de elementos de carpintería.
Trátase dun contrato de traballo para a formación en alternancia para a participación como alumno/a traballador/a do Obradoiro cunha xornada de traballo a tempo completo (40 horas semanais) durante nove meses de luns a venres en horario de 7.30 a 15.30 horas coas retribucións do salario mínimo interprofesional.
As bases do proceso poden consultarse AQUI.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública.
- Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade
Algún dos requisitos seguintes:
- Estar en posesión do título de Graduaco en Educación Secundaria Obrigatoria
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade o mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional para o nivel 2
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio
- Ter superada a proba de acceso a universidade ara maiores de 25 ou 45 anos
- Ter as competencias clave necesarias para cursas con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade
- Non ter participado con anterioridade noutro programa ou obradoiro de emprego nos mesmos certificados de profesionalidade
Procedemento de selección
Para participar deste proceso selectivo as persoas interesadas deben instribirse na Oficina de Emprego e seleccionar a modalidade 'taller de emprego'.
- Sistema de selección: oferta tipo T (taller de emprego).
- Localidade: ámbito do Concello de Boiro.
- Idade: 18 anos ou máis.
- Situación laboral: persoas desempregadas
