Proceso selectivo: administrativo/a C1

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de prazas de administrativo do grupo C1. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación laboral ou o nomeamento temporal como persoal funcionario. 

O BOP núm. 58 de 21 de marzo de 2024 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (19/04/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (02/05/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio (20/05/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados definitivos do primeiro exercicio e convocatoria (30/05/2024), que se pode consultar aqui

Convócase aos aspirantes para o mércores 05/06/2024 ás 9.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Boiro. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases.  

 

Requisitos das persoas candidatas 

As persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público: 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións ou tarefas. 

- Non ter sido despedido mediante expediente discilplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. 

|