Proceso selectivo: Alumnado do progama de emprego 'Xuventude I'

Convocado un proceso selectivo para a elección de 15 alumnos/as traballadores/as do programa de emprego Xuventude I.

Consulta as bases AQUI

Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas e convocatoria realización da proba oral (20/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (23/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais do proceso selectivo (25/09/2024), que se poden consultar aqui

Publicadas a proposta de contratación do alumnado (30/09/2024), que se pode consultar aqui

 

O obradoiro vaise levar a cabo entre os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra mediante unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia por importe de 408.213,30 euros.

Este obradoiro configúrase como un programa experiencial de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social. 

Os obxectos de actuación para a súa execución no desenvolvemento do proxecto son os seguintes:

  • Montaxe de equipos informáticos
  • Operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos
  • Operacións auxiliares con tecnoloxías da información e comunicación

Tipo de contrato: contrato de traballo para a formación en alternancia para a participación como alumno-a traballador-a do programa de emprego denominado “XUVENTUDE I”. 
Retribucións: salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Xornada de traballo: tempo completo (40 horas semanais)
Duración do proxecto: 12 meses.
Horario: de 07:30h a 15:30h, de luns a venres.

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Programa de Garantía Xuvenil: Deberán ser persoas mozas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no Sistema nacional de garantía xuvenil no momento da selección do alumnado, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

- Nacionalidade:Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.

- Capacidade funcional: Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do pasto de traballo para o que se opta.

- Habilitación: Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para ao desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía.

- Compatibilidade: Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.

 

 

|