Charla CIM

O alumnado/traballador do obradoiro de emprego recibe formación complementaria en materia de Igualdade de Xénero. Aproveitando esta formación, as integrantes do Centro de Información á Muller (Directora, Avogada e Psicóloga) visitaron o centro de formación para impartir unha charla sobre este servizo público que ofrece o Concello de Boiro.​
Este proxecto enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014 – 2020, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.​
|