Camiñadas do verán 2017

A camiñada nocturna que organiza Turismo de Boiro para este venres é a Senda Litoral de Boiro. Trátase dunha ruta circular de case 8 km e duración estimada de 2 horas e media que forma parte da Rede de Sendeiros Azuis da Adeac, e que pasará polo Castro do Achadizo, Hórreo dos Carreró, Cruceiro Xacobeo, Lagoas de Carragueiros e a ermida e o miradoiro do Chazo.Ten o punto de partida no Peirao vello de Cabo de Cruz ás 21.00. A ruta ten unha cota de inscrición de 3.00 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981842654. Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n.

|