Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da Covid-19
O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da Covid-19.
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da Covid-19
Persoas beneficiarias
- Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia que teñan domicilio físico en Galicia e que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade.
- Persoas traballadoras autónomas que, ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior, estean encadradas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.
Entendese por actividade especialmente paralizada:
- Lecer nocturno
- Actividades económicas no ámbito das atraccións de feiras
- Os negocios seguintes:
- Transporte por taxi
- Transporte marítimo de pasaxeiros
- Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores
- Provisión de comidas preparadas para eventos
- Actividades de exhibición cinematográfica
- Actividades de axencias de viaxes
- Actividades de operadores turísticos
- Outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles
- Organización de convencións e feiras de mostras
- Artes escénicas
- Actividades auxiliares ás artes escénicas
- Xestión de salas de espectáculos
- Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos
- Outras actividades recreativas e de entretemento
Axudas
- 200 euros para as persoas traballadoras autónomas que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario
- 000 euros para persoas traballadoras autónomas que cuxa actividade económica estivera especialmente paralizada
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes dende o día seguinte á publicación das bases no DOG. O prazo abre o 19/11/2020.
As solicitudes deben presentarse de forma telemática, a través do formulario normalizado dispoñible como Anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada)