AXUDA UCRAÍNA | Concello de Boiro

O Concello de Boiro pon a disposición os recursos necesarios para a atención da crise humanitaria do pobo ucraíno. Seguindo as recomendacións da Fegamp e o Goberno Central, estase a elaborar unha lista de familias acolledoras e tamén acopio de alimentos non perecedeiros e outros bens de primeira necesidade. 

Familias acolledoras 

O departamento de Servicios Sociais comezou xa a facer unha listaxe de familias acolledoras de nenos e nenas de Ucraína. Todas aquelas persoas interesadas converterse en familia de acollida deben poñerse en contacto cos servicios sociais comunitarios do Concello de Boiro.

O Concello de Boiro e as demais administracións e entidades fai un chamamento á calma e á orde. Hai moita vontade de colaborar co pobo ucraíno, mais precisamos facelo de xeito organizado e coordinado, escoitando as recomendacións das administracións públicas competentes e das ONG expertas, para non entorpecer a materialización da axuda. A poboación refuxiada vai precisar o noso apoio durante un tempo. 

RECOMENDACIÓNS

Non facer envíos de materiais por conta propia

É unha irresponsabilidade trasladar o envío de materiais desde a nosa localidade ata a fronteira da zona en conflito. Sempre que se faga un envío de materiais de axuda humanitaria debe ser baixo o amparo dunha ONG especializada. Ademais, se non temos a unha entidade receptora no país de destino, a viaxe pode resultar completamente inútil. Recordade que o persoal dunha ONGD que traballa en contexto de conflito armado ten unha formación específica para operar fronte emerxencias humanitarias, non son simples persoas voluntarias motivadas polos acontecementos, senón que son profesionais con cualificación. A nosa boa vontade pode entorpecer o seu traballo. Non subestimemos a profesión das e dos cooperantes

En ningún caso ir en busca de persoas para traer á nosa localidade

E moito menos se se trata de menores. Esta tarefa debe quedar en mans das autoridades competentes e non podemos sortear todos os procedementos legais e burocráticos precisos para materialización da acollida, porque podemos estar poñendo en risco ás persoas refuxiadas. Recordade que se trata de persoas en situación de vulnerabilidade, polo que as entidades e autoridades responsables se encargarán de velar polos seus dereitos.

Paralizar as doazóns de bens en especie 

Dado que se está a producir unha saturación tal que carrexa graves dificultades de almacenaxe, loxística e transporte. Ademais, descoñécese cales son os materiais que se necesitan en cada momento, xa que a situación de crise é cambiante. Os alimentos e materiais de primeira necesiade doado no Concello de Boiro estase a gardar para ser empregado unha vez cheguen as persoas refuxiadas a Galicia.

Priorizar as achegas económicas 

O máis eficiente e eficaz é sempre facer unha achega económica ás ONG ou organismos internacionais que están dando apoio á poboación ucraína afectada, para que merquen o que realmente precisan no momento que o precisan. Neste caso, ao tratarse de países europeos, hai garantías de que no mercado local poden conseguir todo o necesario, evitando gastos innecesarios de transporte coa consecuente pegada medioambiental.  Estas doazóns pódense realizar a través das seguintes entidades, entre outras:

 

Declaración institucional do Concello de Boiro en apoio ao pobo ucraíno

 

|