Encontro do alumnado das aulas de educación para persoas adultas | Concello de Boiro
O Concello de Boiro organiza un encontro entre o alumnado das aulas de educación para persoas adultas co obxectivo de compartir experiencias entre alumnado e profesorado.
A xuntanza terá lugar o venres 16 de xuño ás 20.30 horas no Pazo de Goiáns.
O obxectivo deste encontro é que o alumnado e profesorado compartan as súas experiencias e a pegada que supuxo para todos eles o seu paso polas aulas de educación para persoas adultas, tanto a nivel académico como persoal e profesinal.
Para participar no encontro é necesario confirmar asistencia na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25.