Formación en prevención e intervención da conducta suicida | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e en colaboración coa entidade Andaina Pro Saúde Mental, ofrece unha xornada de formación para asentar coñecementos básicos en torno á prevención e intervención en conducta suicida con poboación infanto-xuvenil.

O obxectivo desta xornada é ofrecer unha formación para dar a coñecer os datos estatísticos, factores de risco, desencadeantes e de protección, grupos vulnerables, sinais de alarma, valoración de risco e intervención ante a conducta suicida.

A formación terá lugar o mércores 25 de outubro no Centro Social de Boiro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

 

Inscricións e máis información 

981 84 48 00 ext. 1285 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (indicando os datos persoais)

|