Programa Integrado de Emprego 2025/2026
Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025/2026.
Este programa está destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, van recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral.
OFERTA FORMATIVA
- Condución de carretillas elevadoras
- Acompañamento en transporte escolar
- Organización do almacén
- Office: Word, Excel, Access e Power Point
- Iniciación á creación de páxinas web
- Firma dixital
- Chat GPT e intelixencia artificial
- Operacións básicas de caixa
- Piloto profesional de drons STS
- Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos
- Xestión de recepción
- Identificación de alérxenos e manipulación de alimentos en establecementos de hostalería e restauración
- Aplicación de fundamentos básicos en cociña
- Pastelería: postres para restauración
- Elaboración de pezas cárnicas
- Peixaría
- Charcutería
ACCIÓNS A DESENVOLVER NO PROGRAMA
- Servizo integral de formación, orientación e asesoramento laboral
- Formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego
- Sesións de coaching para a busca de emprego
- Formación e asesoramento sobre mobilidade laboral e emprendemento
- Formación transversal en idiomas e novas tecnoloxías
- Formación específica para o emprego
- Prácticas profesionais non laborais
- Prospección de ofertas laborais e emparellamento de ofertas coas demandantes de emprego participantes no Programa
Posta a disposición dos servizos municipais para favorecer a conciliación. Aposta das novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación a cada persoa usuaria.
Inscricións e máis información
Centro de Formación e Viveiro de Empresas (Pol. Industrial de Espiñeira)
659 247 963
650 042 409
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
