Obradoiro de Emprego xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro | Concello de Boiro
O Concelo de Boiro realiza unha nova edición do Obradoiro de Emprtego en xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro durante o curso 2022-2023 que se desenvolve co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade.
O programa conta con formación teórica e práctica dividida en dúas especialidades "Aproveitamentos forestais" e "Repoboaciónns forestais e tratamentos silvícolas" e o alumnado cursará a parte práctica da formación en espazos naturais do concello como son a contorna do Pazo de Goiáns, do Centro Arqueolóxico situado en Neixón, tramos do camiño "A Orixe", o Monte Peón e Monte do Sino.
Vaise facer unha contratación de 20 alumnos e alumnas a tempo completo, 40 horas semanais, durante 12 meses e con horario de 7.30 a 15.30 horas.
Para inscribirse as persoas interesadas deben darse de alta como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar "taller de emprego".
Máis información
Oficina de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 09