Cursos formativos AFD: Cociña e Servizos de bar e cafetería | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2023-2024.

No mes de decembro vanse comezar a impartir dous cursos AFD de nivel 2 nas especialidades de Cociña e Bar e Cafetería no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. 

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

  • Cociña - 828 horas 
  • Servizos de Bar e Cafetería - 658 horas 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- ESO 

- competencias clave en nivel 2 

- certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería) 

 

Máis información e inscricións 

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 26 09

 

|