Boiromotos 2024 | Concello de Boiro

O Parque da Cachada acolle os días 26, 27 e 28 de xullo unha nova edición da concentración moteira Boiromotos 2024 con concertos, exhibicións, concursos, gastronomía e moitas máis actividades. 

PROGRAMA:

Venres 26 de xullo 

17.00h - apretura de inscricións 
17.00h - inchables para nenos e nenas con monitores, futbolins... 
18.00h - adestramentos e recoñecemento do terreo de coches Radio Control CRAWLER a cargo do Club Barbanza 4x4 Sport R.C. 
22.00h - cea para inscritos nas instalacións acondicionadas a cargo de Catering ARELAS
23.00h - verbena amenizada no recindo polo grupo El despertar del silencio e sesión con Dj Tito Maverik e Dj Places
23.30h - toro mecánico

Sábado 27 de xullo 

9.00h - almorzo para inscritos 
10.30h - apertura de inscricións 
11.00h - exhibición de motos oldies e clásicas durante toda a xornada a cargo de Old School Galician e Arousa Team 
12.00h - curso de seguridade vial para nenos e nenas con monitores
- inchables 
- adestramentos e recoñecemento do terreo de coches Radio Control CRAWLER a cargo do Club Barbanza 4x4 Sport R.C. 
12.45h - mexilloada con música do grupo tradicional Arume 
14.15h - comida para inscritos 
16.30h - urso de seguridade vial para nenos e nenas con monitores
- exhibición e proba de coches Radio Control CRAWLER a cargo do Club Barbanza 4x4 Sport R.C.
- tiro de corda, carreira de tablas, carreira de sacos, xogo da silla 
- inchables para nenos e nenas con monitores, futbolins... 
- concurso de motos oldies
- concurso de coches clásicos 
19.30h - exhibición de Stunt a cargo dos pilotos Exhibiciones 666 e Pichu
22.30h - cea para inscritos 
23.45h - verbena amenizada por Dj Tito Maverik e DJ Places 
03.00h - show lavamoto

Domingo 28 de xullo 

9.00h - almorzo para inscritos
11.45h - exhibición Stunt a cargo do piloto Pichu
12.30h - pinchada con musica tradicional aberta ao público 
14.15h - comida para inscritos 

Licitación das autorizacións para instalación de atraccións feirais e postos nas festas do verán 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro saca a licitación as autorizacións para a instalación de atraccións feirais e postos con motivo das Festas do Verán 2024. 

O criterios de adxudicación serán sobre oferta económica mediante poxa en sobre pechado. 

A documentación a presentar e toda a información está especificada no prego de condicións, dispoñible AQUI

 

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse na sede electrónica ou Rexistro Xeral do Concello de Boiro entre o 25 e o 28 de xuño

 

O Concello de Boiro habilita un espazo para as autocaravanas, situado no novo vial que conectará as rúas María Mariño e Empresario Jesús Alonso. 

mapa caravanas

Pleno ordinario do 20 de xuño de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 20 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de xuño.

A sesión terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e será retransmitida en directo vía streaming a través da canle de YouTube dispoñible AQUI

 

Orde do día:

  1. Aprobación do ditame sobre a aprobación inicial dos Orzamentos Xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2024.
  2. Aprobación do ditame sobre a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación puntual nº1 da RPT.

Xornada formativa sobre herbas mediciñais | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto co Instituto de Herboloxía Sarela, desenvolve unha nova xornada sobre herbas mediciñais para a recolección, secado e almacenamento das plantas mediciñais para estudar cales son as máis comúns na contorna, que macerados se poden facer con elas e cales son os seus beneficios.

A actividade terá lugar o domingo 30 de xuño ás 10.30 horas no Centro de Formación do Concello de Boiro en Espiñeira.

 

Inscricións 

Prazas limitadas 

Inscrición no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro 

San Xoan 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para solicitude e comunicación de cacharelas de San Xoán 2024, que afecta a todas aquelas realizadas en terreos privados e en terreos públicos delimitados o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, e que deberán quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do día 24 de xuño de 2024. 

So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 20/06/2024. 

As comunicacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben: 

1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades. 

2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web. 

Consulta o bando informativo aqui

 

|