Aula Mentor | Concello de Boiro

O Concello de Boiro pon en marcha a Aula Mentor no Centro Social de Boiro, unha iniciativa de formación aberta, flexible e a distancia que permite á cidadanía ampliar os seus coñecementos, adquirir novas competencias e avanzar no seu desenvolvemento persoal.

A Aula Mentor é un programa de formación aberta e flexible do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes en colaboración con outras institucións que ten como obxectivo ofrecer formación a distancia para mellorar a cualificación das persoas adultas e promover o desenvolvemento das súas competencias persoais e profesionais.

Esta proposta ofrece un amplo catálogo de cursos organizados en diferentes áreas formativas e itinerarios que permite acreditar estándares de competencia. Trátase de cursos que non esixen requisitos previos de matriculación e que esta sexa flexible durante todo o ano.

Os cursos teñen unha duración estimada de dous meses e as persoas participantes contan cunha plataforma virtual con acceso aos materiais de estudo, actividades e recursos adicionais; ademais de apoio e titorías individualizadas.

Mais información 

Centro Social de Boiro 

https://aulamentor.es/ 

Cursos Aula CeMIT novembro 2026 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de novembro de 2026.

Programa formativo 

  • LibreOffice Calc (follas de cálculo) - do 2 ao 5 de novembro de 10.00 a 12.00 horas
  • A nube de Google - do 9 ao 12 de novembro de 10.00 a 12.00 horas
  • Deseño e impresión 3D - do 16 ao 18 de novembro de 10.00 a 12.00 horas 
  • Tramitación electrónica - do 23 ao 26 de novembro de 10.00 a 12.00 horas

Información e inscricións 
Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 35
629 769 139 

Educación para persoas adultas 2026/2027 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para o curso 2026/2027 de Educación para persoas adultas. Trátase de ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os que adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. 

A aula de persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social de Boiro co obxectivo de que sexan compatibles coa xornada laboral.

Ofrécense un total de 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Requisitos das persoas participantes

Ter máis de 18 anos. 

Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:

  • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
  • Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
  • O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
  • Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
  • Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro entre o 3 e o 22 de setembro.

Para novas matrículas: ANEXO I e copia do DNI

Para continuidade de estudos: ANEXO II 

Programa de Compostaxe Doméstica | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a tavés do departamento de Medio Ambiente, desenvolve unha nova edición do programa de Compostaxe Doméstica co reparto de 40 novos composteiros en vivendas unifamiliares do municipio.

A adquisición destes novos composteiros realizouse mediante unha subvención das Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

O programa de Compostaxe Doméstica comezou no ano 2019 e, gracias a el, repartironse xa 450 composteiros en vivendas unifamiliares do municipio, fomentando a separación e valorización dos residuos orgánicos nos fogares, fomentar hábitos responsables e avanzar cara un modelo de xestión dos residuos máis sostible. 

 

Inscricións e información 

Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 377 585

Cursos Aula CeMIT setembro 2026 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de xuño de 2026.

Programa formativo 

  • Inicio á informática - do 14 ao 18 de setembro de 10.00 a 12.00 horas
  • Inicio á rede Internet - do 21 ao 24 de setembro de 10.00 a 12.00 horas
  • Inicio ao correo electrónico - do 28 ao 30 de setembro de 10.00 a 12.00 horas 

Probas presencias COMDIX (outubro 2026)

Inscricións do 2 ao 11 de serembro na web do CeMIT (cemit.xunta.gal) 

 

Información e inscricións 
Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 35
629 769 139 

|