O Concello de Boiro selecciona a 20 alumnos/as traballadores para o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que se vai impartir nas modalidades de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e Instalación de elementos de carpintería.
Trátase dun contrato de traballo para a formación en alternancia para a participación como alumno/a traballador/a do Obradoiro cunha xornada de traballo a tempo completo (40 horas semanais) durante nove meses de luns a venres en horario de 7.30 a 15.30 horas coas retribucións do salario mínimo interprofesional.
As bases do proceso poden consultarse AQUI.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (18/05/2026), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e convocatoria de exame (21/05/2026), que se pode consultar aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais (28/05/2026), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de contratación (02/06/2026), que se poden consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública.
- Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade
Algún dos requisitos seguintes:
- Estar en posesión do título de Graduaco en Educación Secundaria Obrigatoria
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade o mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional para o nivel 2
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio
- Ter superada a proba de acceso a universidade ara maiores de 25 ou 45 anos
- Ter as competencias clave necesarias para cursas con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade
- Non ter participado con anterioridade noutro programa ou obradoiro de emprego nos mesmos certificados de profesionalidade
Procedemento de selección
Para participar deste proceso selectivo as persoas interesadas deben instribirse na Oficina de Emprego e seleccionar a modalidade 'taller de emprego'.
- Sistema de selección: oferta tipo T (taller de emprego).
- Localidade: ámbito do Concello de Boiro.
- Idade: 18 anos ou máis.
- Situación laboral: persoas desempregadas
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de cinco peóns forestais durante 9 meses para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro en 2026 no marco das subvención para o fomento do emprego no medio rural (Galicia Suma Talento: rural activo).
O sistema de accceso será mediante oposición e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal.
Consulta as bases do proceso AQUI
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (06/05/2026), que se poden consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (14/05/2026), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais (21/05/2026), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas (27/05/2026), que se poden consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea, con coñecementos suficientes da lingua castelá e/ou galega.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela para a xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade.
- Estar en posesión o título do certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente.
- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE).
- Non ter sido contratado no programa Aprol Rural durante o ano 2025.