Proceso selectivo: axentes de igualdade

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de axentes de igualdade (subgrupo A2). 

O sistema de acceso será mediante concurso- oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O BOP núm. 118 do 22 de xuño de 2022 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (18/07/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (02/08/2022), que pode consultarse aqui

Publicadas as puntuacións provisionais das probas (05/08/2022), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e resolución de alegacións (17/08/2022), que poden consultarse aqui

Publicada a proposta de bolsa de emprego (17/08/2022), que pode consultarse aqui

 

Presentación de solicitudes

As persoas que desexen tomar parte deste proceso deben presentar a documentación requirida nas bases no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou da sede electrónica. 

O prazo de presentación de solicitudes é de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión dunha das seguintes titulacións universitarias ou equivalentes: grao, licenciatura ou diplomatura en igualdade, socioloxía, psicoloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, psicopedagoxía ou pedagoxía, traballo social, educación social ou equivalente da área das ciencias sociais e xurídicas. 

 

 

|