ELECCIÓNS EUROPEAS 2024 | xuño de 2024

O 9 de xuño de 2024 terán lugar as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024.

Entre os días 22 e 29 de abril estará exposto ao público nas oficinas do Concello o censo electoral vixente que servirá de bases para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024, podendo nese prazo presentar reclamación administrativa sobre os seus datos. 

A Oficina do Censo Electoral ten habilitados os seguintes teléfonos de consulta: 

900 343 232 e 981 217 739

Licitación de postos vacantes no mercadillo municipal de Boiro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro saca a licitación as autorizacións para a ocupación de postos vacantes no mercadillo municipal dos martes de Boiro. 

O BOP núm. 68 do 8 de abril de 2024 publica a relación de postos a licitar e os requisitos. 

Consulta aqui o Prego de cláusulas administrativas.

Consulta aqui o Prego de prescripcións técnicas

Publicada a acta da apertura de ofertas, celebrada o 29/04/2024, que se pode consultar AQUI

 

mercadillo

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 dias naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio. 

A documentación presentarase nun único sobre pechado e identificado no seu exterior, con indicación da licitación á que concorren e firmados polo licitador. 

A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. 

 

Punto limpo municipal | Concello de Boiro

01 30 punto limpo

O Concello de Boiro desenvolve un proxecto para a mellora da información no punto limpo de Espiñeira co obxectivo de facelo máis accesible e favorecer a correcta separación de residuos. As actuacións están financiadas pola Unión Europea-NextGenerationUE. 

As actuacións que se están a levar a cabo teñen como finalidade mellorar o punto limpo de Espiñeira realizando dúas accións. Unha delas, a primeira que xa se levou a cabo, foi mellorar a información existente sobre o funcionamento do punto limpo xunto coa renovación das placas identificativas en cada un dos contedores para favorecer a prevención, recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos de residuos.

Ademais neste ano 2024 vaise ampliar a capacidade da fracción “recollida de podas” debido ao gran incremento que se está a producir nos últimos meses tras a aplicación da normativa de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

As actuacións están cofinanciadas mediante o fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que convoca axudas a entidades locais en materia de residuos de competencia municipal.

 

Horario do punto limpo municipal 

Martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas

Pechado os luns, domingos e festivos. 

 

Recollida voluminosos porta a porta 

Solicitude previa no  981 83 89 08 ou o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

recollida voluminosos

 

Formación Aula CeMIT - marzo 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro programa novos cursos en novas tecnoloxías para o mes de febreiro a través da Aula CeMIT do Centro Social.

  • Libreoffice Writer 
    do 6 ao 29 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas 
  • Libreoffice Calc (Google Apps e outras) 
    do 4 ao 7 de marzo de 10.00 a 12.00 horas 
  • Libreoffice Base
    do 11 ao 14 de marzo de 10.00 a 12.00 horas
  • Libreoffice Impress 
    do 18 ao 21 de marzo de 10.00 a 12.00 horas 

 

Información e inscricións 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 26 35

629 769 139

Cursos aula CeMIT - febreiro 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro programa novos cursos en novas tecnoloxías para o mes de febreiro a través da Aula CeMIT do Centro Social.

  • Redes Sociais (Facebook, Instagram e TikTok) 
    do 5 ao 8 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas 
  • Ferramentas na nube (Google Apps e outras) 
    do 12 ao 15 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas 
  • Compras por Internet 
    do 20 ao 22 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas

 

Información e inscricións 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 26 35

629 769 139

|