A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de marzo de 2026.
Programa formativo
- Manexo da nube de Google - do 2 ao 5 de marzo de 10.00 a 12.30 horas
- Ferramentas en liña (básico) - 11 e 12 de marzo de 10.00 a 12.30 horas
- Procesador de textos (Writer) - días 16, 17, 18, 25 e 26 de marzo de 10.00 a 12.00 horas
Información e inscricións
Aula CeMIT - Centro Social de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 35
629 769 139
O Concello de Boiro celebra a III Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar o 16 de abril.
Trátase dunha xornada para impulsar o talento e a economía local que se celebrará no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento Lab Barbanza, situado no Polígono de Espiñeira.
Tras o éxito de edicións anteriores, esta terceira convocatoria consolida o seu compromiso co desenvolvemento económico e coa creación de oportunidades laborais na comarca do Barbanza, buscando fortalecer o vínculo entre empresas e persoas en procura activa de emprego.
A feira desenvolverase durante unha xornada e contará coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral. Durante a xornada desenvolveranse simultaneamente foros para empresarios, charlas de interese relacionadas co emprego e a mellora da empregabilidade e as novas tendencias do mercado laboral. Ademais, as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos nos stands das empresas participantes.
INSCRICIÓNS
Por que deben asistir as empresas?
A participación das empresas nos foros de temática laboral e empresarial que se establecerán é recomendable para fortalecer a competitividade, reputación e capacidade de adaptación. Seguindo os temas das mesas poderán:
- Coñecer como evitar o absentismo laboral e incrementar a produtividade.
- Como actuar ante a Inspección de Traballo, erros, situacións máis comúns.
- Coñecemento de novas tendencias laborais, cambios normativos, boas prácticas e innovación na xestión empresarial.
- Coñecer como fortalecer a imaxe corportativa, demostrando compromiso co desenvolvemento empresarial, manterse actualizada e activa dentro do seu sector.
- Establecer networking e alianzas estratéxicas: conectar con outras organizacións, xerar oportunidades de colaboración e ampliar rede de contactos profesionais.
Por que deben asistir as persoas en búsqueda de emprego ou mellora do mesmo?
Para quen está en procura activa de emprego, a feira é unha ocasión única para:
- Recibir asesoramento individualizado sobre orientación laboral, mellora do currículum e habilidades laborais.
- Ter acceso directo a empresas con procesos de selección abertos.
- Entrega do currículo en man nos stands habilitados.
- Posibilidade de realizar entrevistas no propio evento.
- Participación en charlas informativas sobre branding, orientación laboral e profesional.
- Ampliación da rede de contactos profesionais.
PROGRAMA PROVISIONAL:
10.00h - MESA 1 (EMPRESAS): “ABSENTISMO”/ “INSPECCION DE TRABALLO: CUMPLES OU ARRISCAS?”: trataranse temas como: absentismo, mellora da produtividade, a importancia do benestar laboral e manteremos unha interesante charla con Inspección de Traballo de A Coruña.
Poñentes:
- María Teresa Pedrosa, inspectora de traballo da Coruña
- Maria Quintana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade
- Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da Corporación Empresarial Congalsa
Modera:
- Juancho Armental, grupo Arestora
11.00h - MESA 2 (DEMANDANTES): “OFICIO E BENEFICIO?”: ORIENTACIÓN PROFESIONAL, UNIVERSIDADE VS FORMACIÓN PROFESIONAL, EMPREGO PÚBLICO VS PRIVADO: trataranse temas como: opcións de formación regrada e non regrada, saídas universitarias ou traballo na administración pública.
Poñentes:
- Silvia Doce, directora de becas FEUGA
- Maria Mariño, técnica de Recursos Humanos do Concello de Boiro
- Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Modera:
- María Mercedes Argibay, xefa do departamento FOL do IES Leiladoura
12.30h - MESA 3 (EMPRESAS/DEMANDANTES): “BRANDING QUE CONECTA”: Para as empresas: o branding permite diferenciarse, xerar confianza, fidelizar clientes e atraer talento. Para as persoas demandantes de emprego: non abonda cun bo currículum, o personal branding é necesario construír unha narrativa profesional e fortalecer a presenza dixital.
Poñentes:
- Víctor Oujo, Vimanstyle asesor de imaxe
- Antón Freire Picón, Kracia Cooperativa de Marketing
- Miguel Ángel Souto Fraga, docente da área de marketing de Galicia Bussines School
Modera:
- Paola González Garzón, graduada en comunicación social e xornalismo
13.30h - MESA 4 (EMPRESAS/DEMANDANTES): EPERIENCIAS INSPIRADORAS NO CAMIÑO DE EMPRENDER: foro coa Asociación Boirense de Empresas co propósito de achegar ao público exemplos reais de emprendemento no noso territorio.
Poñentes:
- Diana Torrado Otero, Family Banker en Banco Mediolanum
- Lola García Sánchez, seguros García Sánchez
- Rosa Tubío, A librería de Rosa (Nobel Boiro)
Modera:
- Tomás Estevez, xerente da Asociación Boirense de Empresas