O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para o curso 2026/2027 de Educación para persoas adultas. Trátase de ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Entre os obxectivos específicos destas aulas están os que adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.
A aula de persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social de Boiro co obxectivo de que sexan compatibles coa xornada laboral.
Ofrécense un total de 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.
Requisitos das persoas participantes
Ter máis de 18 anos.
Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:
- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
- Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro entre o 3 e o 22 de setembro.
Para novas matrículas: ANEXO I e copia do DNI
Para continuidade de estudos: ANEXO II
O Concello de Boiro realiza unha nova convocatoria das bolsas a estudantes, destinadas a contribuír cos gastos derivados dos estudos postobrigatorios no curso 2026/2027.
Liña 1. Estudos postobrigatorios cursados fora do termo municipal.
Liña 2. Estudos postobrigatorios cursados dentro do termo municipal.
O BOP núm. 151 do 11 de agosto de 2026 publica a convocatoria, que se poden consultar aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0)
O prazo é de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 26/01/2023.
Requisitos das persoas solicitantes
- Ser maior de 21 anos (liña 1)
- Ser maiore de 21 anos ou maior de 16 se conta con informe dos Servizos Sociais Comunitarios (liña 2)
- Estar empadoado en Boiro.
- Ter unha idade máxima de 27 anos.
- Non ter repetido o curso anterior.