Medidas de seguridade con motivo da XXXVI Promoción do Ciclismo de Boiro | sábado 27 de abril

O vindeiro sábado 27 de abril celebraráse a XXXVI Promoción do Ciclismo de Boiro organizada polo Club Ciclista Barbanza.

Para garantir a seguridade e correcto desenvolvemento da proba, produciranse cortes puntuais ao tráfico e limitación de estacionamento en algunhas rúas do municipio.

A proba constará de tres percorridos distintos en función das idades e categorías. O percorrido de alevíns, de 5,5 quilómetros será a primeira en saír e farao ao 15.30 horas. A saída farase dende a Avenida da Constitución dirección Exipto pola DP-1106 para pasar por Graso e o Saltiño. Tomará dirección Boiro pola Avenida de Barraña, a rúa Empresario Jesús Alonso e Salvador Allende.


A seguinte carreira en saír será a de infantís, de 13.5 quilómetros,que partirá da Avenida da Constitución e tomará dirección Exipto pola DP-1106 chegando ata Triñáns, Romarís e Fonte do Mouro; tomará dirección Carragueiros para volver pola DP-1107 dirección Barraña e regresará á meta por Salvador Allende. Esta proba está previsto que remate arredor das 16.40 horas.

A carreira mais longa, de 51 quilómetros, sairá da Avenida da Constitución pola Avenida de Compostela e a rúa Principal dirección Exipto pola DP-1106 e percorrerá a AC 305 por Ponte Beluso dirección Rianxo, regresando ao termo municipal por Vilariño e Espiñeira para volver tomar dirección Boiro pola DP-1105, pasando por Ponte Goiáns ata Praia Xardín
para regresar á meta na Avenida de Compostela arredor das 19.00 horas.


Para garantir a seguridade dos ciclistas non estará permitido estacionar na Avenida da Constitución, no tramo comprendido entre a rotonda da Avenida de Compostela e a Avellaneda. Para garantir a seguridade colaborarán a Policía Local e Protección Civil de Boiro, dando cobertura aos tramos e cruces máis conflitivos e perigosos, xunto coa
Guardia Civil, a Guardia Civil de Tráfico e as persoas colaboradoras co Club
Ciclista Barbanza.

|