Sábado 29 de xuño | Torneo solidario interparroquial
O Concello de Boiro colabora co II Torneo Solidario Interparroquial que terá lugar o 29 de xuño ás 17:00h no campo de fútbol municipal de Vista Alegre en beneficio da Asociación Galega de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
O torneo constará de 8 equipos, un por cada parroquia.
A recadación de fondos irá desinada ao apoio dos distintos servizos que desenvolve a entidade. Para colaborar podense mercar rifas para os sorteos que se realizarán durante o desenvolvemento do encontro e facer doazóns nas huchas dos establecementos hostaleiros de Boiro.