San Xoan 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para solicitude e comunicación de cacharelas de San Xoán 2024, que afecta a todas aquelas realizadas en terreos privados e en terreos públicos delimitados o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, e que deberán quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do día 24 de xuño de 2024. 

So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 20/06/2024. 

As comunicacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben: 

1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades. 

2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web. 

Consulta o bando informativo aqui

 

Enquisa á veciñanza para o seguemento do PACES | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, no marco da elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES) que ten como obxectivo crear unha folla de ruta contra o cambio climático no municipio, publica unha enquisa para que a veciñanza participe na elaboración deste documento.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sustentable é unha iniciativa europea que ten como finalidade que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 con compromisos como o de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías renovables.

A enquisa á veciñanza, que está dispoñible na páxina web municipal, ten como finalidade coñecer o parecer da veciñanza para actualizar o documento que rexe a folla de ruta do Concello para reducir as emisións de CO2, cumprindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

 

RESPONDER Á ENQUISA 

CONSULTORIO| Falemos de sexo

Data: Os segundos xoves de cada mes

Lugar: planta baixa do Concello de Boiro (acceso pola porta lateral) 

Hora: Dende as 15:30 ata as 20:30

Descrición: De maneira confidecial falarase da saúde sexual e afectiva destinda principalmente a un público adolescente.

Curso Aula CeMIT xuño 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro ofrece novos cursos en novas tecnoloxías para o mes de xuño a través da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

Este mes impartiránse 2 formacións:

  • Os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de xuño de 10.00 a 13:00 horas. Conceptos básicos de audiovisual e edición de vídeo.
  • Do 17 ao 20 de xuño de 10:00 a 12:30 horas. Libre Office Calc (Inicio e perfeccionamento)

 

Información e inscricións

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 35

629 76 91 39

Campaña de recollida de excrementos "Sempre que pasees o can recolle o que deixa no chan"

O Concello de Boiro realiza unha campaña de concienciación para a recollida dos excrementos de mascotas "Sempre que pasees o can, recolle o que deixa no chan".

Con esta campaña o Concello quere concienciar sobre a importancia de recoller os excrementos das mascotas xa que, a maioría dos axentes patóxenos dos animais elimínanse a través dos excrementos, o que supón unha das principais fontes de contaxio tanto ao resto de mascotas como á especie humana, sendo os rapaces os máis propensos a coller unha infección.

Unha rúa limpa é unha tarxeta de presentación dunha cidade. A presenza de excrementos na vía pública resta o esforzo municipal por manter as rúas limpas e ofende aos seus residentes que ven como o propietario insolidario da mascota enlixa o seu espazo público sen importarlle as molestias que ocasiona.

A ordenanza de convivencia e medio ambiente BOP num.181 do 23 de setembro do 2013, no artigo 7 expón "Ensuciar a vía pública como consecuencia da tenza de animais" ten aparellada unha multa que vai dente os 200 ata os 750 euros.

Para favorecer a recollida de excrementos colocáronse unha papeleiras especiais con dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos. As papeleiras estarán colocadas nos accesos ao Parque da Cachada, na rúa peonil de Boiro (Estatuto de Galicia, Santos Mieites e Pablo Iglesias). 

 

mascotas

|