O Concello de Boiro celebra a III Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar o 16 de abril.
Trátase dunha xornada para impulsar o talento e a economía local que se celebrará no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento Lab Barbanza, situado no Polígono de Espiñeira.
Tras o éxito de edicións anteriores, esta terceira convocatoria consolida o seu compromiso co desenvolvemento económico e coa creación de oportunidades laborais na comarca do Barbanza, buscando fortalecer o vínculo entre empresas e persoas en procura activa de emprego.
A feira desenvolverase durante unha xornada e contará coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral. Durante a xornada desenvolveranse simultaneamente foros para empresarios, charlas de interese relacionadas co emprego e a mellora da empregabilidade e as novas tendencias do mercado laboral. Ademais, as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos nos stands das empresas participantes.
Por que deben asistir as empresas?
A participación das empresas nos foros de temática laboral e empresarial que se establecerán é recomendable para fortalecer a competitividade, reputación e capacidade de adaptación. Seguindo os temas das mesas poderán:
- Coñecer como evitar o absentismo laboral e incrementar a produtividade.
- Como actuar ante a Inspección de Traballo, erros, situacións máis comúns.
- Coñecemento de novas tendencias laborais, cambios normativos, boas prácticas e innovación na xestión empresarial.
- Coñecer como fortalecer a imaxe corportativa, demostrando compromiso co desenvolvemento empresarial, manterse actualizada e activa dentro do seu sector.
- Establecer networking e alianzas estratéxicas: conectar con outras organizacións, xerar oportunidades de colaboración e ampliar rede de contactos profesionais.
Por que deben asistir as persoas en búsqueda de emprego ou mellora do mesmo?
Para quen está en procura activa de emprego, a feira é unha ocasión única para:
- Recibir asesoramento individualizado sobre orientación laboral, mellora do currículum e habilidades laborais.
- Ter acceso directo a empresas con procesos de selección abertos.
- Entrega do currículo en man nos stands habilitados.
- Posibilidade de realizar entrevistas no propio evento.
- Participación en charlas informativas sobre branding, orientación laboral e profesional.
- Ampliación da rede de contactos profesionais.
O Concello de Boiro celebra os días 28 de febreiro e 1 de marzo o XIX Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que terá lugar no Pazo de Goiáns.
Esta cita, que comezou no ano 2007, mantén o seu obxectivo de trasladar os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia.
Inscricións e máis información
centroarqueoloxicodobarbanza.org
PROGRAMA:
Sábado 28 de febreiro
09.00h – acreditación e entrega de documentación
10.30h – acto de apertura
11.00h – Martínez Mendizabal, Ignacio. Cuatro décadas de excavaciones e investigaciones en la Sima de los Huesos
12.15h – descanso
12.45h – Salas Mendizabal, Antonio. Genes que cuentan historias: huellas africanas en la Galicia actual que datan de la Gallaecia antigua
17.00h – Ramos Soriano, Mario. Pistomarcos na Alta Idade Media: ds descomposición do estado romano á xénese do feudalismo
17.30h – Taboada Durán, MªElena e Vilariño Salgueiro, Nerea. Excavacións en Meira (Moaña): de torre a castelo
18.00h – García Casas, David. Arqueoloxía das paisaxes gandeiras na Serra do Suído: rabaños, chozos e comunidades rurais na época moderna (Fornelo de Montes, Pontevedra)
18.30h – descanso
19.00h – Bal García, Hugo. Subsistencia e bioiversidade nas Serras Orientais de Galicia ao longo do Plistoceno superior
19.30h – Rabuñal Gall, José Ramón; Díaz-Rodríguez, Mikel e Lombao Vázquez, Diego. Novas investigación nos xacementos prehistóricos de Cova do Santo (Pardollán) e A Pena Xiboi (Parga)
20.00h – Verdonkschot, Jadranka. Reconstruyendo el paisaje megalítico de la Serra do Barbanza: resultados preliminares de recientes trabajos e campo
Domingo 1 de marzo
10.00h – Iriarte Chiapusso, María José. Las sociedades prehistóricas del norte peninsular ante un entorno cambiante
11.15h – García Suárez, Aroa. Tierras que cuentan historias: la vida cotidiana Çatalhöyük y otras comunidades neolíticas de Turquía vista al microscopio
12.30h – descanso
12.45h – Garcês, Sara. Investigaçao e divulgaçao a Arte Rupestre do Compexo do Vale do Tejo e do Vale de Ocreza: Metodologías e Perspectivas
14.00h – clausura da edición