O Concello de Boiro leva a cabo un curso de robótica, drons, gafas de realidade virtual e impresión 3D dirixido a nenos e nenas co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas que abarcará as seguintes áreas:
- Introdución ao manexo de drons
- Conceptos básicos de Impresión 3D
- Introdución a realidade Virtual
- Introdución a Robótica
- Uso seguro da internet e ferramentas dixitais
- Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática
Datas: O curso desenvolverase desde o 10/03/2025 ata o 09/06/2025 (Non haberá curso o luns 14 de abril).
Horario: De 17:00 a 19:00 os luns.
Lugar: As clases terán lugar na aula CEMIT no 1º andar do Centro Social de Boiro, situado na rúa Poeta Manuel María s/n - 15930 Boiro
Publicada a relación inicial de persoas admitidas (26/02/2025), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva e persoas admitidas (28/02/2025), que se pode consultar aqui.
Requisitos
Idade: Ter nado entre o 2010 e 2016
Interese na informática: Os participantes deberán mostrar interese no uso de ferramentas tecnolóxicas e programación básica
Autorización de pais ou titores: A inscrición debe contar co consentimento e firma dos pais ou titores legais
Bases íntegras dispoñibles AQUI.
Insricións
A inscrición deberá realizarse a través das seguintes modalidades:
Presencial: Nas oficinas do Rexistro do Concello, sito na Praza Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña.
En liña: A través da páxina web do Concello mediante instancia xeral na sede electrónica. Será necesario adxuntar a inscrición mediante a sede electrónica xunto cos documentos requiridos.
Máis información
Aula CeMIT do Concello de Boiro
981 84 26 35 ou 629 769 139
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O Concello de Boiro ofrece un campamento dixital destinado a rapazada de entre 9 e 11 anos con actividades de balde en competencias dixitais para nenos e nenas.
sta iniciativa de Fundación Cibervoluntarios busca facilitar a adquisición de competencias dixitais con aventuras, misións e retos adaptados a cada idade cos que aprenderán a utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, segura e responsable.
Deste xeito aprenderán a buscar información an rede, coñecer ferramentas de creación de contido dixital, protección de datos persoais mediante a creación de contrasinais seguras, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas, coidar a privacidade nas redes sociais, hábitos de desconexión e benestar dixital ou uso consciente e responsable de internet e redes sociais.
A formación terá lugar na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro os mércores e xoves de 17.00 a 19.00 horas entre o 19 de febreiro e o 10 de abril.
Inscricións
Departamento de Educación
981 84 84 25
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.