Programa de compostaxe doméstica
O Concello de Boiro e Sogama desenvolven un programa de compostaxe doméstica que ten como obxectivo estender as prácticas de autocompostaxe nas vivendas do municipio, reducir o número de residuos orgánicos e lograr unha xestión máis sostible dos mesmos.
As persoas que participan no programa reciben a formación necesaria para o uso do composteiro e teñen un seguimento do mesmo durante un ano.
Podes descargar o manual de compostaxe de Sogama aqui e tamén a carta de compromiso de adhesión ao programa.
Inscricións no programa e información
Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro
2º andar da Casa Consistorial
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 27 75 85