Activación de rede móbil de nova xeración

Os operadores de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange informan que durante as próximas semanas van levar a cabo en Boiro o proceso de implantación dos novos servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz. Isto vai permitir desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior de edificios e en máis zonas.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha unha entidade para solucionar calquera afectación na recepción da sinal da televisión. O proceso de implantación, que se está a realizar de forma paulatina en toda a xeografía, pódese seguir na web habilitada www.llega700.es.

Esta nova rede móbil vai proporcionar melloras significativas tanto na velocidade de descarga como no envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición así como sacar o máis partidos a aplicacións online. Vai introducir tamén melloras fundamentais como a os relacionados con orografía complicada onde tradicionalmente fallaba a cobertura e en zonas interiores de edificios.

 

Contacto incidencias

No caso de detectar algunha incidencia, poden poñerse en contacto con Llega700.

e-mailEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Teléfono: 900 833 999

 

Infografía Llega700

|