Pleno ordinario do 17 de setembro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 17 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

A sesión será presencial no Salón de Plenos e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión do 23 de xullo de 2026.

  2. Solicitude de participación no POS+ adicional 2/2026.

  3. Aprobación definitiva do suplemento de crédito 3/2026.

  4. Crédito extraordinario 3/2026.

  5. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para a mellora das condicións laborais das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF).

Educación para persoas adultas 2026/2027 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para o curso 2026/2027 de Educación para persoas adultas. Trátase de ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os que adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. 

A aula de persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social de Boiro co obxectivo de que sexan compatibles coa xornada laboral.

Ofrécense un total de 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Requisitos das persoas participantes

Ter máis de 18 anos. 

Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:

  • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
  • Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
  • O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
  • Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
  • Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro entre o 3 e o 22 de setembro.

Para novas matrículas: ANEXO I e copia do DNI

Para continuidade de estudos: ANEXO II 

Bolsas a estudantes 2026/2027 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro realiza unha nova convocatoria das bolsas a estudantes, destinadas a contribuír cos gastos derivados dos estudos postobrigatorios no curso 2026/2027.

Liña 1. Estudos postobrigatorios cursados fora do termo municipal. 

Liña 2. Estudos postobrigatorios cursados dentro do termo municipal. 

O BOP núm. 151 do 11 de agosto de 2026  publica a convocatoria, que se poden consultar aqui

 

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 26/01/2023. 

 

Requisitos das persoas solicitantes 

- Ser maior de 21 anos (liña 1) 

- Ser maiore de 21 anos ou maior de 16 se conta con informe dos Servizos Sociais Comunitarios (liña 2) 

- Estar empadoado en Boiro. 

- Ter unha idade máxima de 27 anos. 

- Non ter repetido o curso anterior. 

Cursos Aula CeMIT setembro 2026 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de xuño de 2026.

Programa formativo 

  • Inicio á informática - do 14 ao 18 de setembro de 10.00 a 12.00 horas
  • Inicio á rede Internet - do 21 ao 24 de setembro de 10.00 a 12.00 horas
  • Inicio ao correo electrónico - do 28 ao 30 de setembro de 10.00 a 12.00 horas 

Probas presencias COMDIX (outubro 2026)

Inscricións do 2 ao 11 de serembro na web do CeMIT (cemit.xunta.gal) 

 

Información e inscricións 
Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 35
629 769 139 

AVISO sobre o abastecemento de auga municipal

D. José Ramón Romero García, alcalde-presidente do Concello de Boiro

FAI SABER:

Primeiro.- Que nalgúns núcleos de poboación se están a suceder faltas de presión no abastecemento de auga consecuencia do uso intensivo e xeneralizado que se fai de este  servizo  en determinados horarios puntuais.

Segundo.- Que, consultados os servizos técnicos municipais, estímase que a falta de presión se debe a un consumo excesivo por parte da veciñanza derivado de baldeos, rego en xardíns e acometidas non autorizadas. Algunha destas situacións veñen provocadas polas altas temperaturas que se están a sufrir e que van continuar nos vindeiros días.

Terceiro.-  Que esta falta de presión provoca que determinados usuarios non dispoñan do abastecemento mínimo necesario para levar a cabo accións esenciais como a hixiene persoal ou uso alimentario que se fai de este servizo.

Cuarto.- Que segundo establece o Regulamento xeral do servizo municipal de subministración de auga potable do Concello de Boiro do ano 2013, “as acometidas non autorizadas e os usos da auga non establecidos no contrato ou prohibidos conlevarán a sanción correspondente”.

Quinto.- Rógase e recoméndase un uso responsable da auga municipal, quedando prohibido ata novo aviso o rego de xardíns e baldeos con auga da traída municipal entre as 20:00 e as 23:00 horas. Así mesmo, dende o servizo municipal levarase a cabo un maior control da posible existencia de acometidas non autorizadas.

Sexto.- Con estas medidas trátase de minimizar os efectos que a falta de presión pode provocar no abastecemento municipal. De persistir esta situación valorarase outro tipo de medidas mais restritivas.

 

|